ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un ferrocarril descarrilou ás 9,23 desta mañá pouco antes da entrada na estación de Porriño. Catro persoas resultaron falecidas, entre as que se atopa o maquinista. Hai arredor de corenta e nove feridos que foron atendidos inicialmente na cafetería da estación de Porriño. O tren comunica Vigo e Porto.ADIF abriu unha investigación para coñecer as causas do accidente. O tren estaba operado por Comboios de Portugal. O descarrilamento produc
Un tren descarrilou esta mañá en Porriño causando catro mortos e máis de corenta feridos. O sinistro ocorreu pouco antes da entrada da estación da localidade, á altura dun supermercado. Ao lugar desprazáronse dez ambulancias que trasladaron aos feridos de maior consideración a distintos centros hospitalarios da zona.
Segundo testemuñas do sinistro, o comboio empezou a descarrilar á súa chegada á estación, por causas que aínda se descoñecen, e chocou contra un poste da luz á a altura da ponte sobre a N-120, na zona das Angustias. O tren Celta 420, con destino Porto, consta de cinco vagóns, partiu da estación de Vigo ás 9,02 da mañá con 73 pasaxeiros.
Varias patrullas da Policía Local e servizos de emerxencias atópanse no lugar. Un helicóptero das emerxencias evacuou a algúns dos feridos a centros sanitarios da área