Cedeira chega ás Letras Galegas, rapeando

Cedeira chega ás Letras Galegas, rapeando

10 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Cedeira celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto de rap da artista galega Aída Alonso Iglesias, máis coñecida como "Aíd". Terá lugar o mércores, 16 de maio, no Auditorio Municipal, a partires das 21.00 h e con entrada libre. Unha cita pensando na mocidade, a través da que se pretende achegar o galego aos máis novos, impulsando o idioma en actividades próximas a eles.

Aíd é unha rapaza galega de tan só 22 anos cantante e compositora de música urbana. Ademais da súa faceta artística é locutora de radio e estudante de Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. O seu contacto co hip hop chega aos 12 anos da man do grafitti. A súa afección a escribir poesía dende nena lévaa a compoñer e grabar as súas primeiras cancións en 2003, con só 13 anos. Inicia entón unha carreira que se atopa hoxe no seu punto máis álxido.

En Cedeira, ensinará ao público a rimar en galego, celebrando o Día das Letras Galegas. O dia 16 de maio no Auditorio Municipal.

Sociedade