Cedeira homenaxea ás víctimas do campo de concentración franquista

Cedeira homenaxea ás víctimas do campo de concentración franquista

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cedeira acolle este sabado unha homenaxe, neste caso ás víctimas da represión franquista no lugar onde no ano 1937 se activou un campo de concentración que acolléu a máis de 700 presos, a maioría asturianos. Por iso o presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, será unha das persoas que acudan ao acto , á 1 da tarde no lugar da Revolta, antiga zona das fábricas de salazón, hoxe urbanizada. Nunha delas

O historiador Enrique Barrera estudou ese anaco da historia a través de testemuñas orais e documentación atopada no arquivo do PCE. Conta Barrera que os presos traballaban nas estradas e as rapazas de Cedeira levábanlles roupa e mantas. Hai constancia de que arredor de 50 deses presos foron fusilados ou paseados e que estes últimos estarían enterrados nunha zona da praia de Vilarrube. O obxectivo seguinte sería proceder á exhumación dos cadáveres, segundo o historiador ferrolán.

Os actos de homenaxe ás victimas da represión do campo de concentración de Cedeira empezan o venres 29 cunha conferencia de Henrique Barrera ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. O sabado ás 13 horas renderase a homenaxe no lugar onde estivo o campo de concentración, no lugar da Revolta.

Asistirán, o presidente do Principado de Asturias, Álvarez Areces, o alcalde de Cedeira, Xosé Luís Vergara, o presidente da Asociación memoria Historica Democrática, Rodríguez Carballeria,  e o da Asociación Fuco Buxán, Octavio Cabezas. Un autobús sairá ás 11 da mañán de diante do edificio de Correos en Ferrol para trasladar ás persoas que desexen acudir o sabado á homenaxe. O acto rematará no Auditorio municipal coa entrega dun recordatorio ás familias dos presos e aos represaliados do franquismo en Cedeira.

Sociedade