Chega a Fene a exposición, Galicia conservando a natureza

Chega a Fene a exposición, Galicia conservando a natureza

21 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A exposición didáctica "Galicia, conservando a natureza" pode visitarse dende hoxe, 21 ao venres 25 de maio, no Salón de Plenos da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 14:30 horas.  Están previstas visitas guiadas a escolares por un educador ambiental, Rubén Villasenín, pero aberta a todo tipo de públicos nese horario matinal.
“Galicia conservando a natureza” é unha exposición da Consellería de Medi

Ademais, esta exposición pretende sensibilizarnos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da biodiversidade, un patrimonio único, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras. Segundo o educador ambiental Rubén Villasenín, neste momento Galicia ten o 12% dos especios naturais neste réxime de conservación, unha porcentaxe que subirá ao 15% no proximo mes de xullo,segundo o educador ambiental, Rubén Villasenín.

Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, e que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico.
Para protexer esta riqueza natural, Galicia conta cunha rede de espazos naturais que é o reflexo desa variedade de hábitats e especies que compoñen a nosa xeografía, unha rede de espazos naturais que está integrada por bosques, montañas, ríos, lagoas, marismas, cantís, illas..., que axuda á conservación da biodiversidade que atesouramos no noso territorio.

Sociedade