Chegaron xa os Reis Magos

Chegaron xa os Reis Magos
04 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Moeche viviu onte unha tarde máxica coa visita anticipada dos Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron pola nave do Mercado de San Ramón para botar un anaco coas ducias de nenas e nenos que, ademais, tamén desfrutaron de inchables, xogos, música e chocolate con churros preparado pola ANPA do CEIP San Ramón.

Os Reis Magos chegarán a Ferrol mañá venres. Desembarcarán ás cinco menos cuarto da tarde no peirao de Curuxeiras. A Cabalgata principiará ás seis da tarde na rua Venezuela. As nove carrozas remataran na Praza de Armas. Pero xa esta tarde os Reis visitarán Santa Icia, Marmancón, Manidá, Pazos, Viladóniga, Serantes e A Cabana.

Sociedade

Publica o teu comentario agora