Chuches Amil agasalla lambonadas que saben a rock

Chuches Amil agasalla lambonadas que saben a rock

06 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

Eirín e Milucha son dous irmáns que cando se deitan a durmir inician unha viaxe fantástica na que van ir aparecendo amigos dabondo disparatados. Xuntos protagonizan unha singular aventura literaria e musical que se conta e se canta en ‘Un conto ao revés’, o primeiro traballo de Chuches Amil, unha colección de melodías e rock para todos os públicos que vén de publicar a Editorial Galaxia en

Chuches Amil nace da man de Fran Amil, músico, compositor e productor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto) e que actualmente forma parte dos grupos Tres Trebóns e Ulträqäns. Para a gravación de ‘Un conto ao revés’contou coa colaboración de Tito Calviño, Ricardo Casás, Antón Díaz, Manu Seoane, Pablo Añón, Aarón Bouzón, Cristina Asenjo, Sara Vázquez Álex Fente (foto do autor de PixelinPhoto).

Cultura