Chulises e o velocíclope, a cuberto

Chulises e o velocíclope, a cuberto
12 de Xullo, 2023 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

Cambio de ubicación do espectáculo de Fantoches Baj previsto para este venres

Por mor das previsións meteorolóxicas que anuncian choiva para os vindeiros días, a Concellería de Cultura de Fene anuncia que o espectáculo infantil “Chulises e o velocíclope”, de Fantoches Baj, representarase o venres 14 de xullo baixo a carpa instalada na praza do alcalde Ramón Souto, a carón da Casa do Concello, no lugar de en San Valentín como estaba previsto inicialmente. A cita será a partir das 21.00 horas con entrada libre e de balde. “Chulises e o velocíclope” é un espectáculo de intervención de rúa no que xogan un xigante, Agamelón, e un cabezón motorizado, o Velocíclope. O personaxe clownesca de Chulises fai de ponte entre un e outro ao tempo que con bombo, prato e turuta vai animando musicalmente as situacións. Organiza a Concellería de Cultura de Fene, dentro da programación de Xullo, mes da Patria, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora