Cicciolina amadriña o Festival ErosGalicia 09 que transforma á Coruña na meca do porno

Cicciolina amadriña o Festival ErosGalicia 09 que transforma á Coruña na meca do porno

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Hai industrias incipientes e que non notan a crise. Velaí está a dos sex-shops, segundo o organizador do ErosGalicia, Festival Erótico de Galicia, Totó García, quen coida que “a sociedade galega evolucionou moito nos últimos anos e merecía un festival do sexo como teñen os cataláns”. Ese evento principia hoxe no recinto feiral Expocoruña, da cidade herculina, e abrirá ata o domingo. García confía no &eacut

Totó García, que acadou notoriedade por dirixir a rodaxe dunha escena porno en plena Praza do Obradoiro de Santiago, con alevosía e nouturnidade, ten un gran proxecto para o porno galego entre mans: trátase do filme “Terra Meiga”, no que ten postas grandes esperanzas, malia as dificultades da produción: “En Galicia costa atopar actrices dispostas a rodar”, comenta.

Con todo, o director galego sabe do tirón do sexo e conta con que entre 9.000 e 17.000 espectadores pasen polo ErosGalicia 09 esta fin de semana na Coruña. Para enganchar á posible audiencia conta coa presenza dunha célebre dominatrix que fará exhibicións de prácticas de sadomasoquismo, e tamén de famosas actrices do xénero porno como Anastasia Mayo ou Baby Pin Up. Pero sen dúbida, o grande reclamo será a actriz Ilona Staller “Cicciolina”, un mito da pornografía mundial durante os anos 80. Os visitantes máis atrevidos deben saber que durante o salón realizarase un casting aberto na procura de talentos para o cine porno, e mesmo a rodaxe en vivo dunha película.

Sociedade