Cidade de Narón - Parrulo: Volve a épica do fútbol sala

Cidade de Narón - Parrulo: Volve a épica do fútbol sala

13 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Cidade de Narón recibe o vindeiro sábado ao Parrulo Ferrol ás seis e media da tarde no pavillón da Gándara. Os socios e menores de 18 anos entrarán de xeito gratuito. O público en xeral terá que abonar unha entrada de 3 euros, segundo nos indican desde a directiva do Cidade de Narón.

Os dous equipos chegan ao derby nos postos altos da clasificación da Primeira A e con opcións ao ascenso de categoria. O que menos fallos teña, o que menos nervioso se poña, se levará o partido, segundo o adestrador do Parrulo Mario Cabo.

Xogadores, técnicos e directivas coñécense totalmente e non hai secretos. Tanto o Parrulo como o Cidade de Narón, chegan nun bo momento da competición despois de gañar diferentes compromisos. O Parrulo é un dos equipos máis regulares da categoria, advirte o técnico do Cidade Fernando Maroño.

Deportes