Ciencia e exercicio físico

Ciencia e exercicio físico
08 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Poderá no futuro unha pastilla substituír o exercicio físico? Recollemos a opinión sobre o tema do psicólogo José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“De momento non”, está por ver o que dará de si unha investigación en marcha, que está aínda nas primeiras fases de experimentación. Parece que a pastilla ten algúns resultados positivos na fibra muscular e podería ser beneficiosa para persoas que non poden facer exercicio, por exemplo por estar encamadas. O que non pode suplir son vantaxes como a socialización ou outros aspectos que favorece a práctica de exercicio. “A través do exercicio físico tamén beneficiamos a coordinación, o equilibrio..tamén temos beneficios afectivos, somos persoas que vivimos en sociedade”. 

“Persoas con dificultade que non poden facer exercicio, por exemplo encamadas ou con perda de masa muscular porque toman tratamentos agresivos, persoas que padecen obesidade”, poderían ser destinatarias da pastilla se chega a comercializarse. 

 

 

Na imaxe a carreira Memorial Adolfo Ros Volta á ria

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora