CIG alerta do uso espurio da mutación dos entes paralelos da Xunta en axencias

CIG alerta do uso espurio da mutación dos entes paralelos da Xunta en axencias

22 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Todo o mundo sabe xa en Galicia o que é o Instituto Galego de Promoción Económica, un ente dependente da Consellaría de Economía e Industria dirixido ao fomento do tecido empresarial propio, a atracción de investimento foráneo e á internacionalización das nosas compañías. Os que non o coñecían fixérono a partir da Operación Campión, que investiga unha suposta rede ilícita de cobro de subven

Coa transformación, a Xunta pretende que o IGAPE cambie a súa filosofía de ente subvencionador a axencia para dar servizos as empresas. Unha mudanza que, en troques de funcionar “no sentido positivo”, estaría a empregarse para “escapar dos controis”, segundo denunciou en Radiofusiòn o voceiro de CIG-Autonómica Xosé Ramón Vázquez. As novas axencias véndense como unha forma de reducir a administración paralela da Xunta, os chamados “chiringuitos”, mais estaríanse a usar para mudar os modelos de xestión. Favorécense as subrogacións e os contratos de asistencias técnicas para acometer o seu traballo en troques de empregar os propios medios públicos. Esas axencias “non terán os mesmos controis que a Administración nin en tema de persoal nin en cartos”, alerta a central nacionalista.

A CIG vén de presentar as alegacións previas á constitución da Axencia de Promoción Económica, pero só pode facelo en materia de persoal, onde denuncia que se vai favorecer a contratación e asimilación de traballadores contratados sen os procesos selectivos pertinentes, evitando a supervisión da Dirección Xeral de Función Pública. Xosé Ramón Vázquez.

Os plans do Goberno teñen difícil rectificación. O sindicalista recoñece que “a Xunta ten a tixola polo mango”. “Non negocia porque si, senón porque está obrigada, e ademais non é obrigatorio que nos faga caso”, explica Vázquez, apuntando que hai “máis axencias que negociacións”.

No caso concreto do IGAPE, a súa reformulación non impedirá que manteña unha estrutura polémica: dos 133 empregados, 45 son cargos directivos ou de libre designación: “Unha pirámide invertida”, resolve o voceiro da CIG.

Institucional