CIG carga contra o abuso da libre designación no seo da Xunta

CIG carga contra o abuso da libre designación no seo da Xunta

05 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 200 xefaturas de servizo na Administración autonómica forneceranse con persoal de libre designación, isto é, escollido a comenencia do Goberno. Así consta nunha resolución da Dirección Función Pública publicada no Diario Oficial de Galicia de onte, coincidindo co anuncio por parte do responsable do departamento, José María Barreiro, da convocatoria dos procesos de consolidación de persoal laboral. Este anuncio

Arestora existe persoal cesado de libre designación que cobra por un traballo que xa non está a desenvolver. A esta situación haille que engadir outra eiva concedida polo propio Barreiro ao recoñecer que na nómina de San Caetano hai “máis dun cento de funcionarios que levan anos sen praza concreta asignada”. CIG sinala que o persoal de libre designación cesado recibe diñeiro “por estar na casa” en troque de adxudicalo a centos de postos vacantes existentes na Xunta e que “na actualidade están ocupados temporalmente por persoas de máis confianza designadas a dedo”. Ao mesmo tempo, para os novos nomeamentos recórrese a comisións de servizo, o que supón acumulación de prazas e abundar nun aumento de gasto para as arcas autonómicas. 
Finalmente, CIG afirma que a relación de postos de traballo consolidables que vai cubrir a Xunta deseñouse para favorecer aos “afíns ao Partido Popular”. Así, entre esas prazas figurarían as dos maridos de dúas subdirectoras xerais, malia que, segundo o sindicato “o Tribunal Superior de Xustiza anulara a asistencia técnica pola que fixera a contratación”. 
Institucional