CIG elevará á Fiscalía do TSXG os pleitos laborais da directora xeral de Colocación

CIG elevará á Fiscalía do TSXG os pleitos laborais da directora xeral de Colocación

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O sindicato CIG esixe o cesamento da directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, por parte do presidente da Xunta. A representante da Consellaría de Traballo foi demandada en dúas ocasións por adebedarlle pagamentos a empregadas vencelladas a unha empresa da súa familia. A central nacionalista entende que os feitos polos que foi acusada poden ser constitutivos de delito, e avanza que os dará a coñecer á

A directora autonómica de políticas de emprego pagou os salarios e vacacións adebedados dende había 10 meses a unha empregada que exercía como empregada do fogar da propia Ana María Díaz ao tempo que traballaba no restaurante rexentado pola súa familia na Estación de Autobuses de Ferrol, indica o sindicato nacionalista. O responsable de resolver a débeda foi o irmán da directora, mais resta aínda satisfacer a Seguridade Social, xa que a denunciante non fora asegurada. En calquera caso, Díaz López xa non terá que comparecer no Xulgado do Social, tal e como estaba fixado, o vindeiro 27 de xaneiro. A alta executiva de Traballo si está citada para o 15 de febreiro por un novo xuízo por salarios pendentes de sufragar.

Institucional