A CIG mobiliza contra os recortes de mestres en Infantil e Primaria

A CIG mobiliza contra os recortes de mestres en Infantil e Primaria

25 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Xefatura Territorial de Lugo ven de confirmar que suprimirá para o próximo curso 40 unidades de Educación Infantil e Primaria e 54 postos de traballo de mestres. Con estes novos datos e, a falta de que se confirmen os datos de Ourense, as supresións nestas etapas educativas para o próximo curso superarán as 155 unidades e os 240 postos de traballo. A CIG-Ensino fai un chamamento a participación na concentración que a Plataforma Galega en Defens

 A esta altura xa se coñece oficialmente que Educación pretende suprimir na Coruña, como mínimo, 22 unidades de Educación Infantil e 34 de Primaria, en total, 56. Segundo a información facilitada pola Xefatura Territorial isto suporá a supresión de 87 postos de traballo (34 de Educación Infantil, 47 de Educación Primaria, 2 de Inglés, 4 de Francés, 3 de Pedagoxía Terapeútica, 2 de Audición e Linguaxe e 1 de Orientación Compartida).

En Pontevedra suprímense 19 postos, entre os cales está a supresión de 7 unitarias (4 de francés, 13 de EI e 1 de EP, 1 PT). A Consellaría tamén adiantou a supresión de 8 desprazados en Secundaria. Ademais, a CIG-Ensino xa denunciou que o traslado de ensinanzas da ESO dende o CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro tamén suporá a eliminación de 10 prazas de profesorado. Por outra banda, a falta de que se confirmen os datos, en Ourense poderían suprimirse máis de 40 unidades e 80 postos de traballo. Tamén, é probábel que algún centro sexa suprimido, e dende logo xa iniciaron o camiño para facelo con moitos no futuro.

Ante a onda de recortes, postos en marcha pola Consellaría de Educación, a CIG-Ensino fai un chamamento a participación na concentración que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocada para o próximo mércores  27 de xuño ás 11:30 horas  diante da Consellaría de Educación en Santiago.

Sociedade