A cincenta que non quería comer perdices, en As Pontes

A cincenta que non quería comer perdices, en As Pontes

28 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes continua esta semana co seu programa de conmeración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Mañán, ás 20.00 horas, na Casa Dopeso, terá lugar a representación da adaptación teatral do conto "La Cenicienta que no quería comer perdices" escrito por Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra. Esta será a primeira vez que este conto para adultos co

Mila Fraga, Mari Carmen Landázuri, Fina Rodríguez, Elvira Nova, Leni Cela, María Martínez, Isabel López, Olga Gómez e Mari Luz Rivera serán as responsables de dar vida á Cenicienta, á fada Basta  e ás demáis personaxes desta historia na que a tradicional princesa deixa paso a unha muller independente, que decide por sí mesma o camiño que quere levar na vida.

A representación servirá para poñer o broche de ouro á cuarta edición das Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que este ano levará por título Os contos e a educación para a igualdade e que, un ano máis, organiza o departamento de Servizos Sociais e Atención Cidadá e o Centro de Información á Muller (CIM).

O programa destas xornadas arrincará ás 18.00 horas coa inauguración oficial das mesmas por parte do edil José Alén. Seguidamente, a pedagoga municipal Eva Bergantiños protagonizará unha disertación sobre a igualdade nos contos e ás 19.00 horas, a ilustradora Myriam Cameros Sierra ofrecerá unha charla sobre o seu conto La cenicienta que no quería comer perdices.

A directora do Centro de Información á Muller, MªCarmen Rego será a encargada de moderar estas xornadas que rematarán, ás 20.00 horas, coa representación teatral de La Cenicienta que no quería comer perdices.

Sociedade