Cinco comercios de Fene se promocionan cos escaparates

Cinco comercios de Fene se promocionan cos escaparates

21 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene- A Coruña- programou unha nova edición do Concurso de decoración de escaparates de Primavera, no que participan dende hoxe cinco establecementos do máis variado; roupa, perruquería, pastelería ou labores.Trátase de promocionar as compras no comercio local.

O III Concurso de escaparates de primavera de Fene pónse en marcha hoxe 21 de abril, con cinco participantes: Manlela (roupa de bebé) a perruquería Yolanda Vizoso; a tenda de labores A Xoaniña; floristería Azalea e a pastelería Martínez. O concurso desenvólvese entre hoxe e o xoves 24. Este ano, amáis do xurado,  os clientes que realicen unha compra en tres dos locais participantes poderán votar polo escaparate que máis lle guste para o que terán a súa disposición papeletas nos establecementos.

Os comercios premiados polo xurado ou pola clientela, gañarán a publicidade na caseta de información turística que o Concello terá aberta ao público no exterior do pavillón A Xunqueira os días 26 e 27 de abril. Os clientes que exerzan o voto entrarán no sorteo de vales de compra por valor de 20€.

Sociedade