Cincocentos mil asentos a cinco euros

Cincocentos mil asentos a cinco euros

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

500.000 asentos dos avións da compañía Ryanair estan á venda na páxina web desta aerolínea de baixo custe a un prezo de cinco euros. A compañía lanzou no día de hoxe esta interesante oferta, coincidindo co anuncio da posta en marcha da nova ruta que Ryanair porá en funcionamento en xuño do vindeiro ano e que unirá as cidades de Santiago de Compostela e Málaga. A conexión terá unha frecuencia de catro

O obxectivo desta nova ruta é, segundo palabras do director de Ryanair, Michael O’ Leary, achegar o sur de España aos galegos que poderán agora desprazarse á cidade andaluza coas tarifas máis baixas e sen recargos de combustible. Os avións comenzarán a voar entre Santiago e Málaga o día 23 de xuño do vindeiro ano, os martes, mércores, xoves e sábados.

Coincidindo co anuncio desta ruta a compañía de baixo custe lanzou unha promoción que rematará na medianoite de mañá xoves, na que se venderán 500.000 asentos, en viaxe de ida, por só cinco euros. As prazas son para viaxar os mártes, mércores e xoves, durante o mes de xaneiro do vindeiro ano. As reservas hai que facelas na páxina web www.ryanair.com.

Ryanair conta en todo o mundo con 39 bases e máis de 1.000 rutas de baixo coste ao longo de 26 países, conectando 150 destinos. A finais do presente mes, a compañía contará cunha flota de 210 nuevos Boeing 737-800 NG con pedidos en firme para otros 102 nuevos aviones que se entregarán durante os próximos dous anos e medio. O plantel de empregados supera os 7.000 traballadores.

Sociedade