Cincuenta anos de Teatro de Cámara Ditea

Cincuenta anos de Teatro de Cámara Ditea

10 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A compañía de teatro afeccionado máis veterana de Galicia, a compostelá Teatro de Cámara Ditea, comeza ás oito desta tarde os actos de conmemoración do seu medio século de vida. Unha longa traxectoria que recoñecerá en forma de homenaxe o consistorio compostelá na Casa das Asociacións, nun evento público no que tamén se inaugurará a mostra “50 a

Ditea continuará coa celebración do seu 50 aniversario o sábado cunha ofrenda floral en Boisaca a Agustín Magán en representación de todos os que algún día foron integrantes da compañía e que xa non están. Será ás doce do mediodía e, a continuación, ás dúas da tarde, celebrarán un xantar de confraternidade.

O luns, ás oito da tarde, Ditea inaugurará a IX edición do Festival de Teatro Afeccionado “Agustín Magán” no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde representará as súas dúas últimas obras en cartel: Aquí cheira a morto e Acto imprevisto.

A compañía

Agustín Magán, Luís Rodríguez Míguez e Mariluz Villar Otón, entre outros, fundaron Ditea en decembro de 1960. O seu labor divídese en dúas etapas segundo un criterio político. A primeira que comprende desde o ano 1960 ata 1975, con dedicación ao teatro en castelán, e a segunda desde 1970 á actualidade, con dedicación ao teatro en galego. Con respecto a esta última, destácase a introdución de textos irlandeses na dramaturxia galega.

Con respecto á primeira etapa, Ditea fai un teatro ecléctico, cun interese de difusión teatral baseado nun criterio universalista e na que representan colosais postas en escena de oito autos sacramentais (representados na Praza da Quintana en Santiago, aspecto polo que o grupo aínda está presente na memoria colectiva), grande dedicación ao novo teatro español e ao teatro realista (con representación de autores como Sastre ou Arrabal), un repaso exhaustivo ao teatro teatro mundial e de todas as épocas (incluído o de vangarda), e a xeración dunha gran vida cultural teatral coa organización de xornadas e conferencias (o colectivo promove a actuación de “Los Goliardos” entre outros en Santiago e invita conferenciantes como José Monleón, Ricardo Doménech ou Ricardo Carbalho Calero).

Ditea supón a actualización constante de Santiago e Galicia en materia de cultura teatral, coa instauración en 1963 do Día Mundial do Teatro en Galicia ou a posta en escena de textos coetáneos e decisivos. Xera ademais nesta primeira etapa un gran número de críticas e páxinas dedicadas en prensa onde frecuentemente se subliña o gran número de espectadores con que contaban as súas representación, a seriedade estética e escenográfica das súas montaxes, o colosal e impactante das súas postas en escena (con decorados corpóreos que as veces acadaban os 15 metros de altura), e sobre todo, a grande identificación que a cidade de Compostela sente co grupo. Esta identificación é bidireccional, posto que Ditea nace como froito propio do sincretismo entre a clase popular e ilustrada de Santiago (xente de todo tipo e condición figura entre as súas filas), e ao mesmo tempo Compostela e as súas institucións consideran a compañía como o buque-insignia do seu teatro e a súa cultura teatral.

Entre os textos representados por Ditea cóntanse autos sacramentais de Pedro Calderón de la Barca como El gran teatro del mundo ou El pleito matrimonial del cuerpo y el alma, autos de Lope de Vega como La Siega, e outros autos de Moreto, José Valdivielso ou Mira de Amescua. Tamén se contan na súa historia En la red de Alfonso Sastre, Oración de Fernando Arrabal, e obras de Rojas y Zorrilla, Eugene O’Neill, Molière, Hènri Ghèon (cuxo texto O morto a cabalo foi traducido por primeira vez ao español para Ditea) ou Aquilino Iglesia Alvariño (cuxo versión ao galego A comedia da oliña, de Plauto, constitúe unha estrea mundial da man de Ditea), entre outros.

Ditea tamén gaña premios como o Hércules de Prata á mellor actriz da Coruña (1966) para Mariluz Villar Otón por Entre bobos anda el juego e os premios Máscara de Ouro de Lugo á mellor montaxe, dirección (Agustín Magán) e mellor actriz (Mariluz Villar Otón) por Morte e vida severina de Cabral de Melo Neto.

Ditea recibiu en 1986 a Medalla de Prata ao Mérito Cultural outorgada polo Concello de Santiago de Compostela. Da compañía nomes do teatro galego como Mariluz Villar Otón, Euloxio R. Ruibal, Xosé Manuel Olveira “Pico” e Mela Casal, e outras personalidades da cultura española como Alfonso Armada, José Antonio Silva, José Domingo Castaño ou Juan Jesús Valverde.

Cultura