Cincuenta e sete cabalos participarán o domingo na terceira proba de Equinarón 2009

Cincuenta e sete cabalos participarán o domingo na terceira proba de Equinarón 2009

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concurso equino, organizado pola Concellería de Feiras e Mercados de Narón, celébrase no Recinto Feiral do Trece, en Sedes.

Máis de medio cento de cabalos tomarán parte nas probas de arrastre e trote cruzado, andadura a dous tempos e a catro tempos e no concurso de doma libre. En cada una das competicións haberá sete premios en metálico, con contías que oscilarán entre os 120 euros para o séptimo clasificado e os 450 para o primeiro.

A falta aínda de dúas xornadas para o remate de Equinarón 2009, lidera a competición na modalidade de arrastre Jose Luis López; na de trote, Ángel Leal; na de andadura a dous tempos, Andrés Santalla; e na de catro tempos, Miguel Ángel López. No que se refire ao concurso de doma, o primeiro clasificado a día de hoxe é Miguel Ángel López.

"Equinarón 2009" está organizado polo Concello de Narón, en colaboración con Protección Civil e a Asociación de Veciños ‘Rosa dos Ventos’ de Sedes. A organización prevé a celebración da última xornada do certame o vindeiro 29 de novembro.

Sociedade