Cine Adriano, ábrese o telón

Cine Adriano, ábrese o telón

09 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Adriano prestou a chave e o colectivo Lumen abríu o domingo as portas do cine Adriano, de par en par. Algúns veciños e veciñas de Barallobre e doutras parroquias de Fene non poideron resistir a tentación de traspasar esas portas tantos anos pechadas ás súas miradas. A convocatoria volverá repetirse dentro duns meses ao público en xeral, cando os vinte proxectos que se sumaron á iniciativa "Adriano, sesión contín

Boa parte dos fotógrafos e artistas que participan no proxecto audiovisual lanzado por Lumen acudiron na mañá do domingo á primeira toma de contacto coa emblemática sala cinematográfica de Barallobre- Fene- onde nos próximos meses traballarán cada quen no seu. Os flashes disparáronse xa neste primeiro día no que o protagonista principal era o cine Adriano. Un foco dirixido ao escenario da sala acendeuse para iluminar a Mario Nodar, encargado de dar a benvida e as grazas aos herdeiros da sala presentes- Adriano e Mari Loli-  e ao concello de Fene pola boa acollida a este proxecto que saca da escuridade un lugar tan especial. 

Os participantes no proxecto "Adriano, sesión contínua", realizaron un roteiro polo interior do cinema como primeira toma de contacto co terreo. O colectivo Lumen encargouse previamente de telo limpo e iluminado, listo xa para traballar. Marcouse un calendario de traballo e todo está en marcha. As previsións indican que aló polo mes de febreiro poderían ter rematado as diferentes propostas. E será despois cando se presenten ao público, nun acto aberto. Un libro e unha exposición servirán de "the end".

 

Sociedade