Cineuropa propón o maratón máis longo da súa historia

Cineuropa propón o maratón máis longo da súa historia

25 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cineuropa propón este ano o maratón máis longo das súas vintecatro edicións e, avanzan os seus organizadores, posiblemente tamén o máis perturbador. A proposta, titulada Skalofrío, está composta por doce horas de cine que se iniciarán ás nove menos cuarto da noite do sábado no Teatro Principal de Santiago. Mesturaranse “películas de culto, rarezas de autores que logo se fi

A primeira das películas da noite, Tras el cristal, xa xerou angustia nas butacas de Cineuropa na súa segunda edición, en 1988. Proxectaranse despois Ichi, the killer, do xaponés Takashi Miike; a francesa Martyrs, que sorprendeu no Festival de Sitges; e Enter the void, do autor de Irreversible, Gaspar Noe. Despois, como é habitual no maratón do festival, unha película sorpresa, da que a organización adianta que será a versión íntegra dunha película estreada, no seu día, con cortes. Os que aguanten o tirón, terán por diante a Isabel Pisano sometida ás ligaduras da de Bigas Luna Bilbao e unhas das primeiras propostas de David Cronenberg Viron de dentro de….

Cultura