As clases da escola BellónMaceiras comezan o luns

As clases da escola BellónMaceiras comezan o luns

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 100 persoas acudiron á inauguración da Escola de Musica Bellon Maceiras, aberta na rúa Antonia Montero,11 de Perlío- Fene (A Coruña). A rúa ateigouse de xente minutos antes das 8 da tarde, agardando porque se abrisen as portas desta nova empresa artística e cultural. Alumnos, nais e pais; representantes das entidades sociais de Fene e mesmo veciños da zona foron convidados ao acto.

Os fundadores da escola reuniron ao Quinteto BellonMaceiras para festexar o feliz acontecemento  e nunha das aulas ofreceron un miniconcerto. Entre canción e canción, entre Dani Bellón e Diego Maceiras, presentaron aos profesores da Escola de Musica, as liñas do programa escolar e os obxectivos da educación musical que se impartirá na mesma. Despois do concerto, os anfitrións amosaron as diferentes aulas da escola e convidaron a unha merenda. O luns abre a Escola de Musica Bellón Maceiras en Perlio, con medio cento de alumnos-as xa inscritos pero a matrícula continua aberta.    

Sociedade