Coñece o teu hábitat, coñécete a ti mesmo

Coñece o teu hábitat, coñécete a ti mesmo

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol ofrecerá mañá venres, entre as 17.00 e as 18.30 horas, un novo taller medioambiental dirixido aos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Nesta ocasión levará por título “Quen son, onde vivo, que como?” e ten como fin que os participantes coñezan, a través de diferentes xogos, os diferentes seres vivos, onde habitan e que se alimentan, tendo en conta a diversidade de hábi

Os obxectivos desta actividade son coñecer a fauna e a flora presente nas cidades, aprender a identificar as especies de animais e plantas máis representativas do medio urbano e arredores, descubrir as relacións alimenticias entre os animais urbanos, asociar os animais cos distintos hábitats presentes nas cidades, así como entender o cambio de comportamento da fauna urbana como unha forma de adaptación ao medio. Tamén fomentar actitudes de respecto cara aos animais e ás plantas a partir do seu coñecemento. Con estas fins, os nenos e nenas deberán adiviñar a través unha actividade lúdica que animal son (levarano pegado na fronte), preguntándolles aos compañeiros sobre as súas características. Despois, colocarán os seres vivos nos distintos hábitats que podemos atopar no noso contorno, comentando con eles cousas acerca do seu comportamento, alimentación, perigos que corren, e outros datos de interese, fomentando en todo momento a súa participación activa. O obradoiro é de entrada libre e gratuíta.  

Para acadar todas estas fins, séguese en todo momento unha metodoloxía participativa na que os asistentes colaboran de maneira activa utilizando o xogo como recurso motivador para a aprendizaxe. Así mesmo, ao concluír cada unha das actividades organízase un debate sobre o tema que foi obxecto da actividade, na cal o uso da imaxinación é fundamental.

Sociedade