Coa casa a costas

Coa casa a costas

18 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Calcúlase que en Galicia existen entre 1.200 e 1400 autocaravanas. Hai 62 áreas de servizo para vehículos destas características e proxéctase que entren en funcionamento  36 novas ao longo do ano 2014. Con caracter inmediato, inauguraránse duas en Ribeira.

Unha área de servizo é un estacionamento de 6 por 4 metros cadrados, onde se coloca unha toma de auga, enerxia eléctrica e a conexión co saneamento para a descarga das augas negras. Os “iates da estrada” teñen algo de mala prensa e os seus conductores queren facer fincapé en dous aspectos: A autocaravana pode aparcar en calquera lugar onde se permita o estacionamento de vehiculos de ata 3.500 quilos. O perfil do autocaravanista é o dunha familia de clase media alta, dado que o prezo medio ronda os 60.000 euros. Con ocasión da inauguración da área de servizo de Foz, pedíronlle a todos os autocaravanistas que solicitaran os tickets cos gastos realizados na localidade. Deixaron maís de 9.000 euros en dous dias, cando o Concello gastara na preparación da área menos dun terzo. A Asociación Galega de Autocaravanas ten a súa sede en Fene, nunha nave do polígono de Vilar do Colo.

Sociedade