Coartados en espazos públicos

Coartados en espazos públicos
15 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A normativa sobre os cans catalogados como potencialmente perigosos non ten base científica, etolóxica e veterinaria. Asegurou en Radio Animal Cristóbal López Bautista. Policía Local de Villaviciosa de Odón (Madrid), que é voceiro plataforma "Unidos en apoio ás razas PPP”. 

ESCOITA O PODCAST:

“Estes cans están totalmente coartados en espazos públicos, sempre con correa que non exceda de dous metros e buceira, temos que sacar unha licenza, pasar un recoñecemento médico bastante absurdo e un seguro especial”. Hai unhas semanas reuníronse co novo director xeral de Dereitos dos Animais, José Ramón Becerra. Están estudando a maneira de valorar a estes cans, pero os avances non son moitos. “Seguiría habendo discriminación respecto doutros animais que dan problemas pero aos que non se exerce ningún control”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora