ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os cogumelos e os pratos de caza enchen a carta do Restaurante A Gabeira en Covas (Ferrol A Coruña). O cociñeiro e propietario Miguel Angel Campos falou en Radiofusión, do momento actual da cociña galega, unha cociña de primeiro nivel, segundo se recoñece en todo o mundo.
Os membros do grupo Nove, posiblemente os mellores cociñeiros de Galicia, reúnense todos os anos en febreiro. Xuntanse comendo un cocido en Lalín. Miguel Angel Campos suliña as ventaxas de aprender a cociña tradicional. No momento actual moita xente quere ser cociñeira. O boom empezou en 1992 coa sona do Restaurante el Bulli e co programa de televisión de Carlos Arguiñano, segundo o propietario da Gabeira.