Coidado coa festa que nola quitan dos fuciños

Coidado coa festa que nola quitan dos fuciños
18 de Marzo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Coidado coa festa que nola quitan dos fuciños. A frase de Arsenio Iglesias na tempada 93-94 quería alertar sobre a necesidade de evitar a euforia anticipada. Arsenio tamén defendía o traballo coa base, debía haber moitos clubes onde se dera posibilidade de xogar ao fútbol. Para a caza de talentos e para que a rapazada se sinta protagonista, é mellor diversificar, potenciar a existencia de clubes en cada parroquia de Galicia. Aínda que o míster recoñecía en declaracións realizadas a Radio Fene que pode ser máis económico concentrar instalacións e material deportivo. 

ESCOITA O PODCAST:

Pincha aquí para escoitar a Arsenio Iglesias en Radio Fene

http://173.255.131.18/audio/170322IGLESIAS.mp3

Fotografía: Mero Barral

Ata fomos a fallar un penalti cando non había tempo nin para respirar. Moito que dicir e pouco que contar. Son algunhas frases máis recordadas de Arsenio Iglesias. Canto sufrimos Martín, crin que morría, díxolle o míster de Arteixo a Martín Lasarte despois de empatar na promoción contra o Betis e lograr a permanencia en Primeira. Foi en 1992 pero a frase aínda está presente como título dun podcast deportivista. O fillo de Arsenio, Pablo Iglesias asina un artigo titulado “Arsenio, que?” no último número da revista Panenka, un monográfico adicado neste mes de marzo ao Deportivo da Coruña.

Deportes

Publica o teu comentario agora