As coleccións das antigas caixas únense para trazar as “coordenadas” da arte galega

As coleccións das antigas caixas únense para trazar as “coordenadas” da arte galega

12 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os fondos de Caixagalicia e Caixanova conforman Coordenadas na arte galega contemporánea, un novo espazo que acaba de abrir as súas portas en Vigo. A montaxe colle o relevo do Espazo da Colección Novacaixagalicia, pero trocando o espírito cronolóxico por unha exposición de corte temático, na que se pon o acento sobre os novos creadores, acompañados nalgúns casos por clásicos modernos. “Son artistas moi valentes que contan c

A través de catro grandes bloques temáticos e 60 pezas de 52 creadores galegos, Coordenadas traza un estudo do perfil de Galicia seguindo dous eixos: Galicia e O home, cunha visión exterior e unha interior de ambos: O mar, Verde País, Inquedanzas e Escenarios.

Cun marcado espírito didáctico, na montaxe incluíronse textos que nuns casos achegan algunha clave sobre a obra ou o autor e noutros, sobre a visión que destes recolleu algún crítico ou até o propio artista, para reforzar así a canle de comunicación que se establece entre espectador e obra. Hai, ademais, citas literarias, históricas ou sociais que acompañan cada uns dos apartados, desde extractos de Lope de Veiga ou Manolo Rivas, a reflexións dos voluntarios da “Marea Branca” xurdida tras a catástrofe do Prestige.

Esta exposición estrea un novo sistema de información, a través do cal o público poderá acceder a contidos a través do seu Smartphone.   

Cultura