ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ás dez da mañá saíron da Praza do Concello de Fene os rapaces e rapazas que participan na primeira quenda do Campamento Municipal, organizado polo Concello de Fene. Son 13 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos. Ao seu regreso, o vindeiro 19 de xullo, marcharán os da segunda quenda, os nacidos entre os anos 1994 e 1997.
Na granxa-escola de “O Kiriko”, en Pontevedra, desenvólvese este ano o Campamento de Verán do Concello de Fene. Segundo a información facilitada pola Concellería de Deportes, trátase dunha instalación que conta cos servizos propios dun albergue xuvenil e que ofrece ademais moitas posibilidades. Ao longo dos próximos días, os rapaces/as que se apuntaron ás acampadas municipais realizarán actividades como tirolina, sendeirismo ou escalada en rokódromo. Tamén participarán en obradoiros de coiro, de reciclaxe e de aceites aromático, así como de elaboración de postres e aperitivos, ou actividades de granxa.