Comeza o corte de chapa

Comeza o corte de chapa

02 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia comezará nos vindeiros dias o corte de chapa para o segundo destructor australiano. Nos estaleiros de Fene e Ferrol construiránse cinco bloques para este buque, baseado no proxecto de fragata F-100. O encargo supoñerá entre 350.000 e 400.000 horas de traballo, pendente de concretar no contrato.

Dacordo co programa de traballo de Navantia, os cinco bloques correspondense á zona de máquinas situada na parte inferior do segundo buque da clase “Hobart”. Navantia asinou no 2007 con Australia un contrato que contempla o deseño e asistencia técnica de tres destructores, Air Warfar Destroyer (AWD). O goberno australiano detectou que o desenvolvemento da obra en Adelaida leva ao menos un ano de demora. Por iso, decidiu e anunciou no pasado mes de maio o encargo a Navantia dos cinco bloques que agora se comezarán a construir.

Sociedade