Comezan as obras do Centro de Interpretación da Idade Media de Allariz

Comezan as obras do Centro de Interpretación da Idade Media de Allariz

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

As obras da primeira fase de construción do Centro de Interpretación da Idade Media allaricense (CIMA), situado nas inmediacións do Castelo de Allariz, xa deron comezo. As tarefas céntranse na adecuación das vivendas adquiridas na rúa do Castelo onde se situará o centro.. “Unha inversión que ten por obxecto poder contar cun espazo que poña de manife

Divulgar e dar a coñecer a importancia da época medieval en Allariz é un dos obxectivos prioritarios do CIMA, ademais de ampliar e reforzar a capacidade de atracción no ámbito cultural e turístico da vila.

O orzamento de 500.000 € baseados nunha emenda presentada polo grupo parlamentario do BNG no Congreso galego, permitirá realizar a permuta de adquisición dunha das vivendas nas que se situará o centro, ademais da adecuación do camiño principal do Monte do Castelo así como a realización da primeira fase de obras nas edificacións, referentes ó desescombro e limpeza e lavado da fachada.

Segundo o alcalde, “estase,na actualidade, avanzando as obras para que a 31 de decembro estea pechada e executada esta intervención” que “pretende dar un salto cualitativo na oferta museística que o noso concello ten xa que é un dos principais atractivos turísticos e culturais”.

Institucional