Comezaron as obras da estrada de acceso á piscina de Ares-Mugardos

Comezaron as obras da estrada de acceso á piscina de Ares-Mugardos

09 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A empresa CRC comezou as obras da estrada AC- 123 que conectará co complexo acuático que comparten os concellos de Ares e Mugardos. O investimento desta actuación de mellora do vial ronda os 1,16 millóns de euros e o prazo de execución dos traballos é de oito meses. A execución facilitará o acceso á piscina.

A empresa CRC Obras y Servicios, S.L. comezou os traballos de mellora e construcción dunha senda peonil na AC-123, estrada que une Ares e Mugardos, e que conectará co complexo acuático que compartirán os dous municipios e que entrará en funcionamento a mediados do vindeiro mes de marzo –unha vez que a xestión das instalacións foi adxudicada á empresa Serviocio-.  As máquinas levan varios días traballando no primeiro tramo da estrada, na parte máis próxima á rotonda de Franza, e regulando o tráfico a través de semáforos provisionais, o que garante o correcto desenvolvemento das obras e do tránsito de vehículos.

Esta actuación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten un prazo de execución de oito meses e suporá un investimento de 1.160.580 euros, cantidade na que foi adxudicada a intervención –o orzamento de licitación era de 1.299.644,55 euros-..
Como subliñou o alcalde, Julio Iglesias, trátase dunhas obras de grande importancia, xa que non só mellorarán as deficiencias deste vial –en mal estado e cun elevado índice de siniestralidade-, senón que tamén facilitará o acceso ao complexo acuático de Ares e Mugardos, tanto para os vehículos como para os peóns, xa que o proxecto en execución contempla unha senda peonil.

Sociedade