ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
80 vítimas mortais xa confirmadas do tráxico accidente ferroviario acaecido onte á noite en Santiago de Compostela. 2 delas son extranxeiras. Permanecen hospitalizadas 95 persoas, 36 delas en estado crítico. Os traballos de retirada dos vagóns continuan no lugar de Angrois. Varios guindastres colaboran nun laborioso operativo, dado o dificil acceso da zona.
Os dirixentes da totalidade das forzas políticas trasladaron ás familias das vítimas as súas condolencias. Segundo informa o Diario de Ferrol, confirmouse o falecemento do xove natural de Ferrol Tomás López Brión, de 22 anos. En Barallobre (Fene) un pai e o seu fillo sairon ilesos, pero non teñen novas da súa dona e dunha filla de 2 anos. Tamén en Barallobre a xove Lidia Sanmartín resultou ferida nunha perna.Tanto o diario El Pais como o dixital Praza pública, apuntan á excesiva velocidade como a posible causa do descarrilamento do tren. Indican que o Alvia circulaba a 180 quilómetros por hora, cando na zona a velocidade está limitada a 80. As mesmas fontes afirman que o aforro nas expropiacións foi o motivo do trazado da pronunciada curva no acceso a Santiago de Compostela. Compromiso por Galicia demandou a criación dunha comisión de investigación sobre seguridade ferroviaria no Parlamento de Galicia.