ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mural de Fene compite por ser o mellor do mundo. A plataforma internacional Street Art Cities elixiu a tres murais galegos entre os 50 máis destacados do 2023 de todo o mundo. Compiten por ser o mellor do ano con outros de países como Arxentina, México e Francia. A votación faise a través dunha enquisa pública on line. Pode votarse ata o 31 de xaneiro.
Entre eles está a criación de Sfhir, que naceu na primeira edición do Perla Mural Fest, que se celebrou en agosto do 2023 para homenaxear á desaparecida sala Perla e á tradición musical da localidade. A pintura ocupa a superficie dun edificio de nove pisos na rúa da Fraga. A estrutura do edificio forma parte do mural, dado que o artista integrou o pozo de luz do edificio como parte do violonchelo. Dese xeito, cando a veciñanza acende as luces, a pintura cobra vida. Asegura Hugo Lomas “Sfhir” que o de Fene é un dos murais máis grandes que ten realizado en parede vertical ata a actualidade. Xunto a el tamén se encontran A Dona do Estuario de Lula Goce en Nigrán e A Castrexa en Lugo, do artista Yoe 33. A idea xurdiu de Ramón Pereira, que comentou no seu traballo nunha compañia auxiliar de Navantia o propósito de organizar actividades de muralismo urbano en homenaxe á sala Perla e á tradición musical da comarca. Pereira falaba en Radio Fene a comezos de agosto da inminente chegada do artista que fixo o mural do número 64 da rúa da Fraga. Ia pintar de noite cun proxector. O mural de Hugo Lomas opta para ser o mellor do mundo de 2023. Pódese votar ata o 31 de xaneiro na páxina web www.streetartcities.com
Imaxe: Sfhir pintando o mural no número 64 da rúa da Fraga de Fene. Agosto de 2023.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora