Compostela convértese na capital da maxia na V Semana Internacional do Ilusionismo

Compostela convértese na capital da maxia na V Semana Internacional do Ilusionismo

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A capital galega acolle ata este domingo a V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica. Nela 18 magos ofrecerán diferentes espectáculos nas prazas, centros socioculturais, hospitais e centros de ensino especial; así como no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia, onde se celebrarán as galas “Con Denominación de Orixe” e “Campo de Estrelas”. Ademais, durante toda a semana estará instalado na Alameda o Castelo Máx

O punto álxido do festival serán as catro galas que se desenvolverán no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia, todas ás nove da noite. O xoves 9 e o venres 10 será a quenda das galas “Con denominación de Orixe” (Teatro Principal) que contará cos magos Martín Camiña, Mago Cali, Jessica Guloomal, Martín Varela, Cayetano Lledó e o Magomimo Anyo. Xa o sábado 11 e domingo 12 celebraranse as galas internacionais (Auditorio) baixo o nome “Campo de Estrelas”. Nela participan os ilusionistas Charlie Mag, Erick Lantine & Valerie, Jérome Murat, Mago Vituco e Norbert Ferré, presentados por Miguel Puga.

O prezo das galas é de 10 euros no Auditorio de Galicia, co 50% de desconto para estudantes e xubilados; e de 5 euros, prezo único, no Teatro Principal. As entradas están xa á venda en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43. O resto de actividades son de balde.

Cultura