A comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira aberta ao consenso con Educación

A comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira aberta ao consenso con Educación

07 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comunidade educativa do colexio San Xoán de Filgueira de Ferrol mantén un encerro ininterrumpido, dende o 30 de xuño, en protesta polos axustes de profesorado no centro. Queren chegar a unha negociación coa consellería e para iso teñen previsto para o vindeiro martes, 12 de xullo, unha xuntanza coa xefa territorial de Educación. Mentras, acaban de recibir a notificación da supresión dunha das profesoras polo que agardan a&iacu

Profesores e pais queren chegar aun entendemento coa Consellería de Educación sobre o número de docentes necesario para garantir unha ensinanza de calidade. No curso 210-2011, que acaba de rematar, contaban cun total de 20 profesores titulares a parte dos provisionais. Tras a decisión da Xunta de reducir profesorado, adxudicouse ao centro 14 mestres e medio. Unha cifra insuficiente para o bó funcionamento do colexio, que se viu incrementada ata 16 e medio. A directora do centro, Marián López, declarou en Radio Fene, que esta cifra resulta inviable para atender ás necesidades educativas dos alumnos.
 
O censo do alumnado ascende a 207, dos que un 30% son escolares de etnia xitana, outro 30% de inmigrantes e o resto alumnos con risco de exclusión social. Marián López engadiu que hai 5 alumnos con graves problemáticas individuais que precisan dunha atención máis personalizada.

O centro destaca pola calidade educativa e pola cantidade de proxectos que desenvolven. Así son posuídores do Premio Nacional de Boas Prácticas e da Insignia de Ouro do Concello de Ferrol. A medida adoptada pola Xunta fará perigar esta traxectoria, manifestou a directora.

O peche ten carácter indefinido. Realizan quendas de mañá, tarde e noite de grupos de 8 persoas. Este sábado desenvolverán unha comida no centro dos pais, profesores, alumnos e demais membros da comunidade educativa para reflectir o apoio unánime da “familia” do CEIP San Xoán de Filgueira.

Sociedade