Con Lapis Verdes, por San Xurxo

Con Lapis Verdes, por San Xurxo

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Presentase en Ferrol a 2ª exposición elaborada polo colectivo de ensinantes LAPIS VERDES. Será mañán martes ás 11,15 na biblioteca do IES Concepción Arenal, en presencia dos autores da exposición, Andrés Lamas e Mª José Leira, e o presidente de Lapis Verdes, Camilo Casal.A Deputación da Coruña financia esta mostra, a 2ª que realiza o colectivo. O título é "Itinerario polo monte de San Xurxo&quo

A exposición, que inicia o seu andar polo IES Concepción Arenal, pónse a disposición de todos os centros educativos de Ferrolterra de modo gratuíto, do mesmo xeito que a anterior Aforrando enerxía que aínda  segue circulando polos centros ferrolterráns. Agora mesmo está no IES de Fene.

Paralelamente a esta exposición, LAPIS VERDES ten previsto a organización de visitas para realizar este itinerario polo monte de San Xurxo, protagonista desta segunda edición.

Sociedade