Confesións e vinganza

Confesións e vinganza
10 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Proba superada. E cunha nota moi alta”. Akio confirma a gran capacidade de Olga para dominar a Ferreño con prácticas sadomasoquistas. A filla de Souto Varela vai consumar a vinganza final non sen antes deixar “atónito” a Pereiro coas súas confesións.

ESCOITA O PODCAST:

Non vai ser a primeira vez que Olga cometa un asasinato. Esta vez a técnica será diferente. Todo está preparado para acabar con Ferreño. “Estás tola?! Que pretendes, asfixiarme? Non sei quen es ti nin que pretendes de min... Quen es?”, exclama a vítima nos únicos dous segundos que está sen mordaza. Os capítulos 76, 77, 78, 79 e 80 de Lobos Doentes que Radiofusión emite este venres teñen como protagonista á filla de Pedro Souto Varela, quen consuma un acto final de vinganza facendo uso da dor e o pracer.



Na imaxe, Eugenia Sanmartín, Antón Ramos e Antonio Tizón.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora