A confianza de cambiar as cousas

A confianza de cambiar as cousas

30 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Son idealista e confio en cambiar as cousas. Hai moitos fogares onde non entra un euro na casa en todo o mes. Esquerda Unida vai poñer o seu grao de area para que nas administracións públicas se elimine o derroche. Son palabras da número 1 da candidatura ás eleccións municipais no Concello de Fene, Mari Carmen Martinez.

A coordenadora de Esquerda Unida en Galicia Yolanda Diaz acudiu á presentación da candidatura no Restaurante Mundial de Fene na tarde noite de onte. “Seremos os que defendemos aos máis febles de Fene, porque o PSOE fixoo mal e non ilusionou a ninguén” indicou a concelleira de Ferrol, ao tempo que lembrou os seus primeiros anos no barrio de San Valentín.

Sociedade