ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aprender a resolver conflitos. Moitos están provocados polas emocións e convén saber identificalos para coñecer como podemos solucionalos. Algo moi importante para a vida que non aparece entre as materias do currículo escolar. O Concello de Fene, xunto cos de Mugardos e Neda, desenvolve nos centros escolares un programa educativo sobre esta materia, como nos explicou a pedagoga do Concello de Fene María Xosé Paz.
“Abordaxe de conflitos desde a educación emocional”, un programa que se leva a cabo nas nas aulas, seguindo as propostas feitas polos centros escolares. Problemas alimentarios, bullying, son moitas as situacións de risco nas que se poden ver afectados os menores e convén dotalos de ferramentas para evitarlles sufrimentos, a eles e ao seu entorno. Por iso, o programa que se oferta a alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e de secundaria, de 1º a 4º, completouse cunha charla que se destinou ás familias. Cada un dos grupos de escolares participa en tres sesións.
Publica o teu comentario agora