A consellería do Mar actua de forma chapuceira, segundo as confrarías

A consellería do Mar actua de forma chapuceira, segundo as confrarías

04 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Conselleria do Mar actua de forma chapuceira, afirman desde a confraria de pescadores de Barallobre. Propon un plan de traslado do marisco a Xove sen falar co sector e por iso xurden agora as reaccións que xurden, segundo afirma o vicepatrón da confraria de Barallobre Manuel Bañobre. Alude dese xeito ás protestas da piscifactoria da costa de Lugo, diante da intención da Xunta de depurar na zona ameixa procedente de zonas contaminadas.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a orde que permite o traslado de ameixas e berberechos da ría de Ferrol para o porto de Morás en Xove. As confrarias de Barallobre, A Coruña e Ferrol continuan plantexando as súas dúbidas en torno a este plan.

O biólogo da confraría de Barallobre sinala que na actualidade o banco das Pias non permite a extracción dun volume apreciable de moluscos bivalvos. Ademais, co depósito da ameixa durante dous ou tres dias en Xove, unicamente se garante a desaparición das baterias fecais E colis, pero non doutros axentes contaminantes.

A Xunta de Galicia dotou con máis de 650.000 euros o plan para o traslado e reinstalación do marisco. A consellería de Pesca alega que a recuperación da actividade marisqueira nas zonas C permitirá combater o furtivismo.

Sociedade