A Consellería do Mar presentou en Burela unha campaña para promocionar o bonito do norte entre os consumidores

A Consellería do Mar presentou en Burela unha campaña para promocionar o bonito do norte entre os consumidores

03 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellería do Mar presentou hoxe en Burela a campaña do etiquetado do bonito do norte para esta tempada. Leva por título Faino Bonito e permite dar a coñecer aos consumidores a procedencia, a data de captura e as propiedades de cada peixe no momento da súa adquisición nas peixerías. Esta identificación ten por obxecto garantir o seguimento e a trazabilidade dende a captura dos exemplares en alta mar –realizada pola

Para potenciar o seu consumo, a Consellería do Mar repartirá 150.000 etiquetas, 3.000 carteis e 100.000 trípticos promocionais nos principais portos de descarga (A Coruña, Burela, Celeiro e Vigo) e nas empresas de alimentación adheridas á campaña. A etiqueta implica que o método de captura é respectuoso co medio ambiente. Trátase dunha pesca selectiva, a cácea, que se fai un a un e non lle afecta ao resto das especies. Cada exemplar vai para a bodega, para chegar do mellor xeito aos mercados.

O bonito ten un elevado valor nutritivo e é rico en proteínas e vitaminas A, B ,D e K e omega-3 (que axuda a reducir os niveis de colesterol). Ademais este peixe aporta calcio e iodo, esenciais para o noso metabolismo.

Sociedade