Construíndo castelos de area

Construíndo castelos de area

29 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares, a través da área de Cultura e coa colaboración de Coca-cola, organiza unha nova edición do Concurso de Castelos na Area, que este ano chega á súa edición número trece. A actividade terá lugar o martes, 16 de agosto, a partires das once da mañá na praia do Xuncal.

As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscripción na Alianza Aresana, en horario de 10.00 a 14.00 –de luns a venres-, ou chamando ao número 981 448 057. O prazo remata o 9 de agosto.

Pódese participar de xeito individual ou en grupos de non máis de tres persoas. Os membros dun grupo deben pertencer todos á mesma franxa de idade agás na categoría familiar. Estas categorías son as de menores de 7 anos, entre 7 e 11 anos, de 12 a 17 e familiar.

O xurado, composto por persoal de Cultura do Concello de Ares e algunha persoa elixida ao azar que se atope no lugar do concurso pero que non sexa participante, decidirá o único premio que se entregará por cada unha das categorías. As bases especifican que se poderá establecer algún accésit se o xurado así o estimase oportuno no seu momento.

Sociedade