Construíndo pontes cara a lembranza

Construíndo pontes cara a lembranza

08 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Antigos oficios xa desaparecidos volven ao primeiro plano grazas ao programa “Construindo pontes”, unha iniciativa dos Servizos Sociais do Concello de Fene. Unha publicación recolle as intervencións dalgunhas das persoas que participaron nesta actividade relacionada coa memoria colectiva. Historias que na sua maioría nacen nas propias familias.

Algúnhas desas persoas anticiparon en Radio Fene as conclusións dese obradoiro, cada quen co seu tema. Por exemplo, Amparo Saavedra fala do estaleiro de Aguilar en Perlío onde máis tarde se instalou Astano. Carmen Feal, fala de Astano, de como se xestou a sua instalación en Fene, da que o seu home, Carlos Álvarez , chegou a ser director. A primeira Telefónica de Fene estaba na Porta do Sol e rexentábaa a familia de Juanjo Villanueva, a sua tía Pilar. E os avós de Mª Luz Arias foron matachíns, segundo ela mesma narrou en Radio Fene.

Son anacos das historias que se recollen na publicación “Construíndo Pontes”, unha iniciativa que pretende recoller a memoria vida da localidade e transmitila ás novas xeneracións.

Sociedade