A construción de fornos solares e os xogos de Guixot del 8 entre as propostas estrela do Terractiva

A construción de fornos solares e os xogos de Guixot del 8 entre as propostas estrela do Terractiva

19 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Terractiva, a VI Feira ecolóxica de Arzúa, finalizou este domingo despois de dúas xornadas de grande actividade, onde cultura e ecoloxía se deron a man, co fin de reivindicar un futuro mellor para a nosa terra, e frear a degradación que está a sufrir na actualidade por mor da contaminación. Entre as actividades que obtiveron maior éxit

Os xogos de Guixot del 8, creados todos eles a partir de materiais inservibles e reciclados, foi outra das seccións estrela da feira, contando cun cheo absoluto durante todo o tempo que o recinto de Arzúa permaneceu aberto, e facendo as delicias de tódolos nenos que se achegaron ata o lugar.

Terractiva deu así fin a dúas intensas xornadas que terán a súa continuación o ano próximo coa que será a séptima edición da que xa é a máis importante feira ecolóxica de Galicia. Un espazo onde apostar por novas enerxías, novos alimentos e novas maneiras de entender o noso entorno.

Cultura