Contentos pero cautos...

Contentos pero cautos...

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Contentos pero cautos. Asi se expresou o míster do Cultural Maniños Angel Mahía despois do partido. A súa experiencia neste tipo de competicións e de momentos faino ser discreto. “Non hai nada gañado e a eliminatoria está aberta. Eles (polo Xallas) son un equipo moi forte con 4 ou 5 xogadores que militaron en Terceira División.

O Xallas pode facer moito dano no Pote” lembra o adestrador aresano do Maniños. Angel Mahía sinalou que onte en “A Fontela” o seu equipo poido marcar tranquilamente un 0 a 2 e voltar a casa con máis tranquilidade. Quedan de novo 90 minutos para pasar esta eliminatoria.

Deportes