Contra o desmantelamento do ensino público

Contra o desmantelamento do ensino público

23 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañán dia 24 a folga no ensino esténdese a toda a comunidade educativa. O profesorado está chamado ao paro pola Plataforma Galega en defensa do ensino público, que reúne a numerosas agrupacións. Mañán están convocadas manifestacións en todalas cidades galegas e en moitas vilas. Á de Ferrol confluirá na Praza de España coa movilización dos traballadores do sector naval. Tamén a Federación

Segundo día de folga no ensino. Os estudantes protestan contra a LOMCE nesta segunda xornada de paro,  na que se manifestaron pola mañá nas cidades galegas. Ás 11,30 o sindicato de estudantes convocou concentración en Ferrol diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

Mañán dia 24 a folga esténdese a toda a comunidade educativa. O profesorado está chamado ao paro pola Plataforma Galega en defensa do ensino público que reúne a numerosas agrupacións. Mañán está convocada unha manifestación en Ferrol á mesma hora, ás 11,30 á que se sumará, xa o adiantaron, os traballadores do Naval.

amén a Federación de ANPAS dos centros públicos se posiciona en contra da nova lei por nacer sen o consenso, por ser privatizadora, confesional e elitista, e por facernos retornar, din as asociacións de pais e nais, a un modelo edicativo vixente durante mais de 40 anos. A Federación de ANPAS convida ás familias a que non envíen aos fillos-as a clase e a participar na manifestación convocada mañá ás 11,30 con saída da Praza de España de Ferrol. O lema das ANPAS é  "tod@s xunto@s podemos cambiar as cousas". Xavier Sánchez, o presidente da federacion de Anpas de Ferrolterra, declaraba esta mañá que hai que tentar parar esta lei que vai ser "debastadora".

A Secretaria da CIG- ensino en Ferrolterra, Antonia Martínez, refírese á LOMCE como o mellor método para rematar co modelo que garantía a igualdade diante do coñecemento.Engade que a movilización de mañá vai contra o Ministro pero tamén contra o Conselleiro de Educación por non defender as competencias de Galiza en materia educativa, como fan outras comunidades. 

 

Sociedade