Contra o vento

Contra o vento
24 de Maio, 2023 - 08:42 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío quedou apeado na loita polo ascenso a Segunda División Galega do fútbol feminino. O vento no campo da Torre e a expulsión da porteira foron determinantes. Orillamar 3-0 Perlío. Partido disputado na Coruña, o domingo, ás doce. “A xogada clave foi a expulsión da porteira, o equipo quedou moi condicionado, estou satisfeito polo traballo das rapazas”, resume o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky. 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido moi condicionado polo vento no campo da Torre, na primeira parte tivemos o vento a favor e os primeiros vintecinco minutos son claro dominio noso, daquela houbo  unha xogada clave, penalti e expulsión da nosa porteira. A primeira parte queda igualada, a pesar de ter unha xogadora menos, co vento a favor. Pero na segunda, con dez xogadoras e o vento en contra, houbo que defender moito, as rapazas fixeron un esforzo moi grande”, detalla o técnico. No balance da temporada, o máis importante “fíxose un bo equipo, hai bo ambiente e competiuse en todos os partidos”. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora