Contraindicacións nas farmacias

Contraindicacións nas farmacias

07 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira semana de funcionamento do copago farmaceútico xenerou diferentes problemas. Moitos pacientes non puideron obter nas farmacias o medicamento recetado polo médico. A imposibilidade agravouse entre a tarde do martes e a tarde do mércores. A ausencia dunha base de datos unificada e a descoordenación entre as administracións implicadas incrementou as protestas. A asignación do tramo a cada paciente faise en función da declaración da Renda do 201

A quén hai dous anos tiña uns ingresos de máis de 18.000 euros, empezaron xa a cobrarlle o 50% dos fármacos, en lugar do 10% que pagaba hai uns dias. Iso ainda que agora atravese unha situación de desemprego.Cando xurde unha disconformidade coa aplicación do Real Decreto 16/2012, empeza unha longa peregrinaxe, da farmacia ao INSS, pasando polo SERGAS e o Centro de Saúde. 

Á implantación do pago para os pensionistas, sumouse a actualización trimestral dos prezos máximos de financiación. A farmaceútica de Sillobre (Fene A Coruña) Manuela Armesto salienta os altos prezos de determinados medicamentos, por exemplo algúns dos que tratan o Alzheimer. Pero a maioria dos fármacos, non soben de prezo, incluso poden baixar, segundo Manuela Armesto.

O martes, ao accederen ao sistema informático da receita electrónica, que inclúe os prezos de referencia dos diversos fármacos, as boticas atopáronse con que o abano de posibilidades se reducira radicalmente e sen previo aviso. "O sistema só deixaba dispensar o de prezo menor", impedindo, a efectos prácticos, que moitos pacientes puidesen acceder ao produto que lles viña de ser receitado polo seu médico. Este problema resolveuse arredor das seis da tarde do pasado mércores.

Sociedade