Converxencia XXI aposta por cubrir “un espazo moi grande” no centro político galego

Converxencia XXI aposta por cubrir “un espazo moi grande” no centro político galego

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Galeguistas de centro”. Así se definen os militantes de Converxencia XXI, unha nova forza política no panorama galego que concorrerá por primeira vez a unhas eleccións nos vindeiros comicios municipais. O seu secretario xeral, o tudense Carlos Vázquez Padín, declarou a Radiofusiòn que están dispostos a cubrir un “espazo moi grande” que hai no centro político en Galicia que non fora aproveitado ata o de agora por cuesti&o

De ideoloxía liberal, Converxencia XXI aspira a establecer edís en concellos das catro provincias nos comicios municipais e desexa obter representación parlamentaria nos vindeiros autonómicos, pero “sen que nos traizoen as presas”. Respecto a cuestións sensibles na política actual galega, como a do idioma, Carlos Vázquez Padín asegura que defende “a liberdade de aprendizaxe do galego e non a de ignorancia”.

Institucional